Powered By Blogger

Nova Anpa Curros Enriquez

Mi foto
Saenz Diez nº68, Ourense 32003, Spain
http://novaanpacurrosenriquez.blogspot.com Email:novaanpacurrosenriquez@hotmail.com

sábado, 29 de enero de 2011

CIRCULAR SOBRE JORNADA CONTINUADA

CIRCULAR INFORMATIVA SOBRE O PROCESO DE SOLICITUDE DE XORNADA EN SESIÓN ÚNICA DE MAÑÁ  PARA O VINDEIRO CURSO
 Estimados pais/nais:
Tendo en conta  a demanda dun considerable número de familias para que se retome novamente o cambio do tipo de xornada lectiva, a opinión unánime do Claustro de profesoras e profesores que considera a xornada en sesion única de mañá como máis favorable pedagoxicamente e a valoración dos resultados da votación do curso anterior sobre a mesma, parécenos procedente iniciar novamente, de acordo coa Orde do 29 de maio de 2008 (DOG do 6 de xuño) pola que se establece o procedemento para a implantación de dita xornada, o proceso de solicitude para que, se así  o desexa a maioría da comunidade educativa, se poida implantar no curso 2011 - 2012.
Segundo establece a normativa vixente, o procedemento a seguir será:
1.      Acordo do Consello Escolar e do Claustro de profesores /as, por maioría dos tres quintos.
2.      Acordo favorable do 58% do total do censo das nais, pais ou titores legais do alumnado.
3.      Plan específico de actividades extraescolares.
4.      Solicitude á Xefatura Territorial de educación.

EN QUE CONSISTE A XORNADA ÚNICA?
As cinco horas lectivas de clases danse pola mañá, cando o alumnado está máis receptivo para a asimilación de contidos. Despois segue o servizo de comedor e, pola tarde, dúas horas para realizar actividades extraescolares de carácter voluntario. É dicir, o colexio estaría aberto dende as  7:30 h ata as 18 horas, co seguinte horario:


HORARIO LECTIVO

HORARIO NON LECTIVO
Horas
Sesións
Tempo

Horas
Sesións
Tempo
9:00 – 9:55
55 m.

7:30 – 9:00
Acollida Temperá
1 h. 30 m.
9:55 – 10:50
55 m.

14:00 – 15:30
Comedor
1 h. 30 m.
11:50 – 11:45
55 m.

15:30 – 16 :00
Recreo de comedor
30 m.
11:45 - 12:10
Recreo
25 m.

16:00- 17:00
Act. Extraescolares
60 m.
12:10 – 13:05
55 m.

17:00- 18:00
Act. Extraescolares
60 m.
 13:05 – 14:00
55 m.



Os/As alumnos/as de Educación Infantil terán dous períodos de descanso distribuídos de acordo ás súas características e á organización interna do centro.

HORARIO PARA O PROFESORADO
· Horario lectivo: de 9:00 horas a 14:00 horas.
· Horario non lectivo: O profesorado completará o seu horario en sesións de tarde. Todos os martes, de 16:00 a 18:00 horas, permanencia de todo o profesorado no centro:
- 16:00 a 17:00 h: Reunións do Equipo de Orientación, Comisión Pedagóxica, Equipo de Normalización Lingüística, Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares, Claustros e Consellos Escolares.
- 17:00 a 18:00 h: Horario semanal de Titoría para atención a consultas individuais por parte dos pais /nais sobre temas relacionados cos seus fillos /as. ( Sempre se poderá acordar outra hora de atención se nesa non lles fose posible asistir.)
 Os demais días de 16:00 h. a 18 horas, permanecerá no colexio un profesor/a que ostentará a representación oficial do Centro, supervisará as actividades extraescolares e manterá en funcionamento a Biblioteca Escolar para préstamo de libros. As quendas do profesorado figurarán no taboleiro.

SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR

            O horario do comedor escolar, quedaría establecido dende a finalización do período lectivo, é dicir, as 14 horas, ata o inicio das actividades escolares da tarde, é dicir, as 16 horas. A partires das 15:30 xa se poderá recoller ao alumnado que non teña actividades.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES QUE SE DESENVOLVERÁN POLA TARDE

Ao fronte das actividades, supervisadas polo profesor/a  de quenda, ademais do monitor/a correspondente, responsable de cada unha, estará un pai/nai da ANPA ou a persoa en quen deleguen, que se responsabilizará do seu funcionamento baixo os criterios que previamente establezan. O Plan de actividades extraescolares que se desenvolverán pola tarde, coas matizacións que sexan necesarias segundo a demanda , é o seguinte: 
           

LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
HORARIO
-Inglés E.I.
-Balonmán
-Hockey
-Inglés E.P.
-Inglés E.I.
-Basket and English-1
-Inglés E.P.
-Voleibol
-Obradoiro: Técnicas de estudo
-Balonmán
DE 16 H  A 17 H
-Patinaxe
-Danza galega
-Tenis Infantil
-Obradoiro: Estimulación da Intelixencia
-Pintura
-Voleibol
-Ximnasia rítmica
-Basket and English-2
-Tenis Primaria
-Hockey
-Danza galega
-Pintura

-Kun- Fu
-Fútbol

DE 17 H A 18 H


Este Plan é unha proposta en firme, pois todas as actividades están confirmadas pola entidade correspondente.As actividades ofertadas polo Concello (patinaxe , ximnasia rítmica obradoiro de técnicas de estudo e fútbol ) estarían subvencionadas a e as familias pagarían 1/3 da cuota do mes (24 euros por o curso completo). Hockey (ofertada polo clube Albor), balonmán ( a cargo da Federación), Voleibol, ( a cargo da Federación),  Danza Galega, (ofertada pola Deputación) e Basket and English (ofertada polo Concello), serían gratuítas. Inglés e pintura (ofertadas por “Mundo Clase”) custaría 20 euros ao mes. Kun – Fu quedaría en 9 euros ao mes. Tenis sairía en  15 euros ao mes. O Obradoiro de estimulación da intelixencia impartido pola empresa CEGAPSE, custaría 10 euros ao mes. Como verán, segundo o plan proposto, hai diariamente dúas actividades gratuítas (unha cada hora, excepto na última dos venres).

VOTACIÓNS PAIS/NAIS
   Realizaranse o día 23 de febreiro, en horario ininterrumpido de 10 a 18 horas, ante unha mesa constituída pola directora e dous pais/nais designados por sorteo público que se realizará ás 12 horas do día 18 de febreiro na sala de profesores/as do centro. Dez días antes das votacións estará exposto no taboleiro interior (por non caber no de fóra )   o censo de pais/nais para comprobar e, se é o caso, corrixir. O voto será directo, secreto e non delegable, emitíndose un só voto por familia . Calquera dúbida poden consultala en dirección. A PARTICIPACIÓN É FUNDAMENTAL!
Ourense, 21de xaneiro de 2010
A Directora

Asdo: Mª Isabel Domínguez Pérez