Powered By Blogger

Nova Anpa Curros Enriquez

Mi foto
Saenz Diez nº68, Ourense 32003, Spain
http://novaanpacurrosenriquez.blogspot.com Email:novaanpacurrosenriquez@hotmail.com

martes, 2 de noviembre de 2010

HORARIOS

O horario de clases estará, distribuido do seguinte xeitio:

MESES DE SEPTEMBRO E XUÑO: Os meses de setembro e xuño haberá xornada intensiva de mañá para todos os alumnos.

MAÑÁS: 10 a13, con recreo de 11,40 a 12:10
TARDES: 15,30 a 17,30

CONSELLO ESCOLAR

Equipo directivo

Directora.- Dª Isabel Domínguez Pérez
X de Est.- Dª Lourdes Soto Carballo
Secretaria.- Dª Mª Esther Castro Orbán

Representantes do profesorado

Dª Ana Baranda del Campo
D. Juan Carlos Cruz Pazo
Dª Julia Iglesias Sueiro
Dª Generosa Rey Quintas
Dª Mª Pilar Salgado Iglesias

Representantes dos pais e nais

D. Emilio de Miguel Campos
D. Felipe Gamallo Blanco
Dª Montserrat Gregorio Gregorio
D. Jesus María Pérez Barreiro
Dª Sonia Vázquez Méndez

Representante do Concello

Dª Carmen Elvira Fernández Pérez

Representate do personal non docente

D. Javier Lorenzo González

CALENDARIO ESCOLA


Inicio das clase:
10 de setembro
Fin das clases:
22 de xuño

Períodos de vacacións
Nadal dende o 23 de decembro ata o 7 de xaneiro de 2011, ambos os dous inclusive.
Semana Santa desde o día 18 ao 25 de abril do 2011 ambolos dous inclusive

Dias non lectivos
1 de novembro (Día de todos os Santos)
11 de novembro (San Martiño)
7 de decembro (Día do ensino)
19 de marzo (S.Xosé)
1 de maio (San Xosé Obreiro)
17 de maio (Día das Letras Galegas)

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Ingles
Patinaje
Gimnasia Rítmica
Danza Gallega
Ajedrez
Kung-fu
Hockey
Pintura
Futbol

lunes, 1 de noviembre de 2010

LOS ¿PORQUES? DE UNA NUEVA ANPA

  1. Porque si los padres no somos capaces de motivarnos por la educación de nuestros hijos ....¿Por quien lo haremos?
  2. Porque es nuestra responsabilidad educar nuestros hijos y nuestras hijas
  3. Porque somos los intermediarios entre alumnos padres/madres ,profesorado y directiva del colegio
  4. Porque todos somos necesarios para mejorar la calidad de vida para nuestros hijos
  5. Porque para realizar la formación activa de los padres/madres es preciso unir esfuerzos e ideas

EQUIPO ANPA

Raquel Fiz Justo
Mª Elena Pumar Barreiros
Mª Susana Seguin Sánchez
Susana González Osorio
Almudena Doallo Fernández
Cristina Margusino Framiñan
Pilar Rey Suárez
Ana Losada Gil
Avelina Hernández Álvarez
Eugenia Pumar Barreiros

ESTATUTOS

ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS DO CEIP "CURROS ENRIQUEZ OURENSE


ESTATUTOS

CAPÍTULO  I

DISPOSICIÓNS XERAIS

Artigo 1º denominación:

a) A Asociación de nais e pais do CEIP "Curros Enríquez" de Ourense ANPA-(en adiante Asociación) é unha entidade sen ánimo de lucro, con personalidad xurídica propia e que goza de plena capacidade para o cumplimento dos fins previstos nos presentes Estatutos, así como para adquirir, poseer, gravar e enaxenar toda clase de bens.

b) A Asociación rexerase polos presentes Estatutos, pola Ley orgánica 1/2002, de 22 de marzo, reguladora do dereito de asociacións e pola demáis lexislación existente que lle sexa aplicable.

Artigo 2º

a) O ámbito de atuación é equivalente ó ámbito territorial do centro escolar e o seu domicilio fixase no propio domicilio do CEIP "Curros Enríquez", rua Saenz Diez nº68, en Ourense e con código postal 32003.

b) Para a realización das actividades que lle son propias, a Asociación utilizará, preferentemente, os locais do centro escolar. A tal efectos, a dirección do mesmo facilitará a integración de ditas actividades na vida escolar.

c) A efectos da utilización dos locais do centro a que se refire o apartado anterior, será necesaria a previa comunicación á dirección do centro escolar por parte da xunta directiva.

d) A Asociación constitúese por tempo indefinido

CAPITULO II

FINS E ACTIVIDADES.

Artigo.3º

A Asociación constitúese para o cumplimento dos seguintes fins:

a) Ser un dos instrumentos de participación dos pais/nais dentro da comunidade educativa.

b) Asistir e infomar ós pais ou tutores en todo o que concierne á educación dos seus fillos e nos seus dereitos de participación no control e xestión do centro escolar.

c) Colaborar nas actividades educativas e extraescolares do centro.

d) Facilitar a representación dós pais no Consello Escolar do centro.

e) Fomentar as relacións de cooperación con outros centros escolares e cos sectores sociais e culturais do entorno.

f) Promover a plena realización do principio de gratuidade no centro escolar, así como a efectiva igualdade de dereitos de todo o alumnado, sen discriminacións sociais, económicas, ideolóxicas, confesionais, de raza ou sexo.

g) Promover actividades formativas, culturais, de estudio e de ocio.

h) Promover as boas relacións dos pais/nais co resto da comunidade escolar, especialmente co profesorado.

i) Estimular a participación dos pais de alumnos na programación xeral do centro, ó traveso do Consello Escolar.

J) E tódolos fins non recollidos neste Estatutos que sexan conformes á Lei.

Artigo 4º

Para o mellor cumprimento dos seus fins, a Asociación poderase integrar en federacíóns de asociacións de país/nais de alumnos de centros públicos de ensino, tanto de ámbito municipal, como comarcal, provincial, autonómico ou estatal.


CAPITULO III

DOS SOCIOS

Artigo 5º

Poderán ser membros da Asociación tódolos pais, nais ou tutores legais de alumnos/as que cursen os seus estudos no CEIP "Curros Enríquez" de Ourense.


Artigo 6º


a) Adquírese a condición de membro da Asociación pola vontade neste senso manifestado ó ingresar a cuota establecida para cada curso escolar pola Asamblea xeral ordinaria. A cuota deberá pagarse antes do 15 de novembro do curso escolar correspondente .

b) Causarase baixa na Asociación:
. Por baixa dos fillos ou tutelados do centro escolar
.Por non pagar a cuota anual
.Por in cumplimento dos Estatutos
.Por utilización da Asociación para fins alleos aos especificados neste Estatutos.

c) A adquisición da condición de socio/a é automática. A baixa por incumplimento dos Estatutos ou por utilización da Asociación para fins alleos requerirá a decisión da Asamblea Xeral.

Artigo7º

Dereitos dos asociados/as

a) Elexir e ser elexibles para tódalas funcións representativas da Asociación

b) Ter  voz e voto nas xuntanzas da Asociación.

c)Tomar parte en tódalas actividades e utilizar os servicios que poidan establecerse en beneficio dos socios.

d) Dirixir propostas e peticións, así como promover iniciativas ós organos de governo da Asociación.

e) Recabar e recibir da Xunta diretiva cuanta información precisen sobre a xestión asociativa.

f) Asistir a tódalas xuntanzas e actos convocados pola Xunta directiva

g) Colaborar activamente no cumplimento dos fins da Asociación e na eficacia na execución dos mesmos.

DEBERES DOS ASOCIADOS/AS

a) Acatar e cumprir os Estatutos da Asociación e os acordos das Asambleas .

b) Contribuir económicamente ó sostemento da Asociación na forma que
se establezca na Asamblea.

c) Compartir as finalidades da Asociación e colaborar para a consecución das mesmas.


CAPÍTULO IV

ORGANOS DE GOVERNO

Artigo 8


A Asociación estará rexida pala Asamblea Xeral de socios e pala Xunta directiva.

a)- A Asamblea Xeral de socios é o órgano soberano da Asociación.
Reunirase, como mínimo 2 veces ó ano en sesión ordinaria, unha delas ó principio do curso escolar para aprobación das cantas, presupostos e programación xeral de actividades. Reunirase en Asamblea extraordinaria cando así o decida a Xunta directiva ou a petición do 10% dos socios.

b).-  A Asamblea xeral comprende os asociados e a xunta directiva

c ).- A Asamblea xeral será convocada polo presidente, con expresa indicación do orde do día establecido pala xunta directiva., lugar, día e hora de celebración da mesma. As convocatorias serán dirixidas ós asociados con quince días de anticipación como mínimo.

d).-A Asamblea quedará válidamente constituida en primeira convocatoria cando concurran a 1/3 dos asociados e en segunda convocatoria calquera que sexa o número de socios presentes.

e).-Os acordos da Asamblea adoptaranse, en xeral, por maioría simple (Cando os votos afirmativos superen ós negativos). Será necesaria unha mayoría cualificada (os votos afirmativos deben superar a mitade) dos asociados presentes para adoptar as seguintes decisións:

-Disposición e enaxenación de bens

-Solicitude de declaración de utilidade pública da Asociación

- Integración ou baixa en federacións de asociación

-Modificacións estatuarias

-Disolución da Asociación

-Remuneración ós membros do órgano de representación

Artigo 9

A Asociación estará administrada por unha Xunta Directiva que será o órgano de representación e estará fomada por:
- Presidente/a
-Vicepresidente/a
-Secretario/a
-Vicesecretario/a
-Tesoureiro/a
-Vicetesoureiro/a
-Tres vocais

A Xunta Directiva terá un mandato de dous anos, renovándose, cada dous anos, a mitade dos seus membros. (os anteriores membros poderán ser reelexibles).

A elección de cargos será polo procedemento dei lsta aberta, en AsambIea Xeral ordinaria. As vacantes que se pudiesen producir, cubriranse provisionalmente até que se celebre a seguinte Asamblea Xeral.

A Xunta directiva reunirase tódolos meses do curso escolar e sempre que fose convocada polo presidente, a iniciativa propia ou a petición de calquera dos seus componentes. Os acordos adoptaranse por mayoría simple dos membros presentes e no caso de empate, decidirá o voto do presidente.

            As  Funcións da Xunta Directiva serán as seguintes:

a) Execución dos acordos adoptados pola Asamblea Xeral.

b) Xestión dos asuntos ordinarios da Asociación

c )Presentación á Asamblea dos presupostos, contas e programa xeral de actividades.

d)A xestión de tódolos asuntos que non estando encomendados expresamente pola Asamblea, sexan confome á Lei.

Artigo 10

O/A presidente/a obstenta a representación da Asociación, preside as xuntanzas e Asambleas e responde da xestión realizada pola Xunta Directiva. Asinará, xunto co tesoreiro, os libramentos de pago, talóns, etc. Asimismo recibirá, en nome da Asociación, calquera cantidade proveniente de subvencións de entidades públicas ou privadas. Asumirá tamén as facultades que a lei establezca.

Artigo 11

O vicepresidente/a sustituirá ó presidente cando sexa necesario. O presidente poderá delegar nel as súas competencias, previa conformidade da xunta Directiva.

Artigo 12

O secretario/a levantará as Actas das Asambleas, atenderá as comunicacións e correspondencia, levará os libros de actas, librará certificacións do seu contido, conservará o arquivo, velará pola conservación dos locais e guardará o selo da Asociación. Levará o libro de socios.

Artigo 13

O vicesecretario substituirá ó secretario na súa ausencia e o auxiliará nas súas tarefas.

Artigo 14

O Tesoureiro recaudará e conservará os fondos e bens da Asociación. Levará o libro de caixa, asinará os libramentos de fondos xunto co presidente. Elaborará o proxecto de presuposto que a Xunta Directiva deberá presentar ante a Asamblea Xeral. Preparará as contas que deban someterse a dita Asamblea.

Artigo 15

Ademáis das funcións de apoio ó resto de membros da Xunta Directiva, os vocais poderán recibir o encargo de presidir ou coordinar grupos de traballo, representacións ou outras tarefas que pola Xunta Directiva lle fosen encargadas.

CAPITULO V

PATRIMONIO

Artigo 16

a) Asociación carece de patrimonio fundacional. O patrimonio social estará composto por tódolos bens que se adquiran para a realización dos seus fins.

b) Aadministración do patrimonio corresponde á Xunta Directiva.


c) Os recursos económicos consisten nas cuotas dos asociados, as rentas do patrimonio, as subvencións, legados e donacións que podan legalmente aceptarse.

d) O importe das cuotas dos asociados estará determinado pola Asamblea Xeral, a proposta da Xunta Directiva.

e)A Asociación non ten fin de lucro.


CAPITULO VI

DISOLUCIÓN DA ASOCIACIÓN

Artigo 17


A Asociación constitúese por tempo indefinido. A Asamblea Xeral poderá acordar a disolución da Asociación en xuntanza extraordinaria convocada exclusivamente para este fin.

No caso de disolución, nomearase unha comisión liquidadora integrada por tres membros que se encargará da liquidación do patrimonio social destinando o importe a entidades que, sen ánimo de lucro, se adiquen á realización de fins educativos e que sinale a Asamblea.